Borazón
Borazón
Nome científico:
[BN]
[QUÍM]
Marca rexistrada do cristal artificial de nitruro de boro de estrutura cúbica. Obtense a partir de mesturas de boro e nitróxeno ou de nitruro de boro hexagonal baixo unha presión de 85 atm e unha temperatura de 1.800 °C, e en presenza de catalizadores como litio, calcio, magnesio ou os seus nitruros. Ten unha dureza similar á do diamante e, pola súa condición de semicondutor, emprégase na Electrónica.