Borbón e de Austria-Este, Carlos María das Dores de

Borbón e de Austria-Este, Carlos María das Dores de

Pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos VII. Neto de Carlos María Isidro de Borbón e sobriño do conde de Montemolín. En 1866 casou con Margarida de Borbón, filla do duque de Parma. Reorganizou o Carlismo. En 1869 promulgou o seu primeiro manifesto político onde prometeu a defensa da unidade relixiosa, a descentralización política e o proteccionismo económico. Ese mesmo ano intentou un golpe militar a prol do Carlismo. En 1872 impulsou a loita carlista, que se estendeu a Catalunya, País Vasco e Navarra, que continuou despois da proclamación de Afonso XII (1874) e que rematou en 1876. Un ano despois reorganizou de novo o Carlismo e en 1900 fixo un novo levantamento militar. Sucedeulle como pretendente o seu fillo Xaime de Borbón e de Borbón-Parma.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ljubljana, Eslovenia

  • Deceso

    Lugar : Varese, Italia