Borbón e de Borbón-Parma, Xaime de

Borbón e de Borbón-Parma, Xaime de

Duque de Madrid. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Xaime III, fillo do pretendente Carlos María das Dores de Borbón e Autria-Este. Fixo estudios militares en Austria, ingresou no exército ruso e participou na guerra ruso-xaponesa (1904). Ao morrer o seu pai (1909), proclamou os seus dereitos á coroa de España e reorganizou o Carlismo. En Catalunya tivo numerosos partidarios, denominados jaumins. Durante a Primeira Guerra Mundial foi partidario dos aliados e estivo confinado en Austria. En 1918 publicou un manifesto no que desautorizaba os carlistas partidarios dos alemáns, feito que motivou a escisión carlista denominada como tradicionalismo, dirixida por Juan Vázquez de Mella. En 1931, proclamada a República española, pactou con Afonso XIII o traspaso da solución do preito dinástico á solución dunhas cortes representativas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Veney, Suíza

  • Deceso

    Lugar : París