Bordetella

Bordetella
[MONERA]

Xénero de cocobacilos hemolíticos e Gram-negativos da familia das bruceláceas. As bacterias deste xénero son parasitas e patóxenas para diversos animais, incluso para o ser humano. A B. pertussis é o axente causante da tose ferina e foi descuberta conxuntamente por J. Bordet e O. Gengou no 1909.