Bosch Gaviño, Juan

Bosch Gaviño, Juan

Político e escritor dominicano. De nai galega e pai catalán, en 1939 fundou na clandestinidade o Partido Revolucionario Dominicano. Oposto á ditadura de Trujillo, viviu durante 24 anos no exilio. Foi elixido Presidente da República Dominicana (1963) e, deposto por un golpe militar, antes dun ano marchou da illa. Volveu máis tarde, sendo derrotado nas eleccións de 1966 polo conservador Joaquín Balaguer. De novo abandonou a illa ata 1970. En 1973 creou o Partido da Liberación Dominicana e nos anos 1974, 1986, 1990 e 1994 foi derrotado sucesivamente por Joaquín Balaguer nas eleccións presidenciais. Destacou como contista de temas rurais: Camino real (1933), La muchacha de la Guaira (1955). Escribiu novela (La mañosa, 1936), biografías (Hostos, el sembrador, 1943) e ensaios políticos (Bolívar y la guerra social, 1966; De Cristóbal Colón a Fidel Castro, 1970).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Vega