Bosco, Eduardo Jorge
Escritor. Cursou estudios de Literatura na Facultad de Filosofía y Letras de Bos Aires onde coñeceu a Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), unha galega natural de Vilanova de Arousa que inspirou a súa obra poética en galego. Gran coñecedor da literatura arxentina e da gauchesca, desenvolveu a súa obra de creación nas letras arxentinas, xunto a Olga Orozco, María Granata, Ana María Chouhy Aguirre, Juan Rodolfo Wilcok, Basilio Uribe e Enrique Molina, entre outros, cos que conformou a denominada Xeración Arxentina do Corenta. A práctica totalidade da súa obra, agás algúns versos publicados na prensa bonaerense, permaneceu inédita. Entre a súa produción lírica atópanse catro dos oito poemas que escribiu en galego e que foron recollidos en 1994 nunha edición elaborada por Xesús Alonso Montero co título Oito poemas en lingua galega. Os poemas en galego foron escritos en agosto de 1939. Morreu no ano 1943, suicidándose nas augas do Río de La Plata. Postumamente se publicou parte da mesma nos dous volumes Obras (1952).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires -
Deceso