Bosnia
Bosnia
Nome científico: [serbocroata: Bosna]
Rexión da Península Balcánica que constitúe a metade setentrional da República de ↪ Bosnia-Herzegovina, comprendida entre os ríos Sava (ó N), Drina (ó L) e Una (ó S). O límite occidental coa rexión histórica da Herzegovina vén marcado por distintos accidentes do relevo, e corresponde a factores máis históricos que naturais. É unha rexión montañosa que se eleva en altitude de N a S. O clima é continental de montaña, moi rigoroso, con invernos fríos (temperaturas medias de xaneiro baixo cero) e chuviosos (superando os 1.000 mm anuais). Os principais núcleos urbanos son Banja Luka e Sarajevo.