bostríquido

bostríquido
  1. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Coleóptero da familia dos bostríquidos.

  2. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos da orde dos coleópteros integrada por individuos xilófagos, de corpo cilíndrico e recuberto de fortes tegumentos de coloración escura e con mandíbulas moi potentes. En Europa pódense atopar unhas 20 especies reunidas en 14 xéneros. Son prexudiciais para os bosques; as larvas escavan galerías nos troncos e nas pólas, especialmente de coníferas e árbores froiteiras.

Palabras veciñas

Boston | Boston | bostoniano -na | bostríquido | bóstrix | Bostrychia | Bosustov, Stephen