Bosworth Field, Batalla de
Bosworth Field, Batalla de
[HIST]
Conflito que tivo lugar no ano 1485 en Bosworth Field (Condado de Leicester, Inglaterra), e que enfrontou a Ricardo III Plantagenet e Enrique Tudor, co que finalizou a guerra das Dúas Rosas. Enrique foi proclamado Rei co nome de Enrique VII, fundando así a dinastía Tudor.