2 bota

2 bota

(

s f

Recipiente de coiro pequeno, con forma de pera, utilizado para o viño, cosido por un lado e cun buraquiño moi estreito no extremo, empregado para beber por el directamente, levantándoo cara ao alto e apertándoo coas mans.

Ex: A Guarda acolle unha romaría na que as botas de viño son protagonistas.

Citas

  • A Guarda acolle unha romaría na que as botas de viño son protagonistas.

Frases feitas

  • Beber alguén e atar a bota. Non poder repetir algunha cousa por tratarse da derradeira vez.

  • Tirar polas orellas á bota. Beber demasiado.

Palabras veciñas

Bosworth Field, Batalla de | bot | 1 bota | 2 bota | 3 bota | botado -da | botador -ra