botelleiro -ra

botelleiro -ra

(< botella)

  1. s m

    Moble no que se almacenan as botellas.

    Ex: Colocamos todas as botellas no botelleiro.

  2. s [OFIC]

    Vidreiro especializado na fabricación de botellas.

    Ex: Estivemos nun obradoiro vendo como o botelleiro lle daba distintas formas ó vidro das botellas.

  3. s [OFIC]

    Persoa que se encarga do coidado de viños embotellados.

    Ex: Pregúntalle ó botelleiro se aínda ten aquel viño que tanto me gusta a min.

  4. s m [HIST]

    Oficial encargado da custodia e da administración do viño da casa real ou doutros señores.

Palabras veciñas

botella | Botella | Botella, Francesc | botelleiro -ra | botellería | botello | Botello