Botello

Botello
  1. [ONOM]

    Boto.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe fundada no s XIV por Martín Alonso Tello de Meneses, nobre portugués, alcumado Boo Tello, orixe do apelido Botello, segundo algúns estudiosos. As súas armas levan escudo terciado en pao: primeiro tercio, cunha cruz de Calatrava, en campo de prata; segundo tercio, de goles, cunha espada denuda, con gornición de ouro, punta cara a abaixo; terceiro tercio, de sinople, con dúas veneras de prata; bordo de ouro con oito aspas de goles. Outra variante trae, escudo terciado en faixa: primeiro, en campo de sinople, con dúas veneras de prata; segundo, en campo de goles, cunha espada espida coa gornición de ouro, punta cara a abaixo; terceiro, en campo de prata, cunha cruz de Calatrava de goles; bordo de ouro con oito aspas de goles. Algúns ostentan: en campo de ouro, unha aguia de sable. Outras ramas empregan: en campo de ouro, unha aguia de sable levando nas súas poutas unha tixola cunha tortilla de ovos. A rama portuguesa trae, en campo de ouro, catro bandas de goles.

Palabras veciñas

botelleiro -ra | botellería | botello | Botello | Botello Barros, Anxo | botellón | botelo