botelo
botelo
(< lat botĕllu ‘tripa’< botŭlu ‘embutido’)
s
m
Embutido típico da comarca do Cebreiro e dalgunhas zonas de Ourense; toma o seu nome da localidade de Botelo. Prepárase o último día da matanza con carne do porco non moi graxa, co óso (espiñazo, rabo e algo de costela), pemento picante, allo, loureiro e sal, todo mesturado cunha pouca auga, que debe amolecer entre 24 e 48 horas. Pasado este tempo embúchase no estómago do porco ou nas tripas anchas e unha vez atado pendúrase ao fume e logo ao aire. Pasados dous meses xa se pode comer, para o que ten que cocerse moi a modo, durante dúas horas, servíndose moi quente e acompañado duns cachelos.