Bourg-en-Bresse

Bourg-en-Bresse

Capital do departamento de Ain (Borgoña), situada na rexión de Rôine-Alps, Francia (40.972 h [1990]). É centro do mercado agrícola e gandeiro da comarca, ademais de encrucillada das estradas e dos ferrocarrís. As primeiras noticias da cidade remóntanse a 1184, data na que se fixeron os seus límites respecto á parroquia de San Pedro de Brou da que dependía. A partir do s XIII a súa historia confúndese coa da rexión de Bresse, xa que se converteu na súa capital baixo o dominio do condado de Savoia. Presenta importantes mostras de arquitectura do s XVI civil (casa dos Correvod) e sobre todo relixiosa (igrexa de Notre-Dame, ss XV-XVI), e preto da cidade o mosteiro de Brou (1506 - 1512), de estilo gótico flamíxero, que conserva na súa igrexa (1513-1532) os sepulcros de Margarida de Borbón, Filiberto o Fermoso e Margarida de Austria, todos obra de Conrad Meït.