Bourguiba, Habib ibn Alí

Bourguiba, Habib ibn Alí

Político tunesino. Estudiou leis na Université da Sorbonne. Exerceu de avogado en Tunes e converteuse en militante do partido Destour do que se separou en 1934 e fundou o Parti Socialiste Destourien. Emprendeu unha intensa propaganda en favor da independencia de Tunisia, feito polo que estivo en prisión. Trasladado a Roma en 1940, apoiou os aliados na Segunda Guerra Mundial. Regresou ao seu país en 1942 e foi arrestado polos alemáns. Fuxiu de Tunes en 1945 e instalouse no Cairo. Foi aceptado polos franceses como mediador nas negociacións pola independencia (1954-1956). Foi Presidente da Asemblea Nacional e xefe do goberno (1956), máis tarde proclamou a República (1957), da que foi Presidente. Estableceu un programa socializador baseado na reforma agraria e nas colectivizacións industriais e comerciais. Participou no FNL de Alxeria e conseguiu a retirada das forzas francesas da base de Bizerta. En 1974 foi proclamado presidente vitalicio do seu partido, e no ano seguinte de Tunisia. Dende 1981 puxo en práctica unha liberalización moderada do seu réxime, e tivo que enfrontarse a diversas revoltas populares. Aplicou esta mesma tendencia tamén á política exterior. Aínda que se mostrou favorable a un desenvolvemento conxunto do Magreb, o seu achegamento a Alxer, sobre todo dende 1983, enfrontouno con Libia. Foi un dos líderes árabes máis conciliadores no conflito árabe-israelí. En 1987 Ziadine Ben Ali, o seu primeiro ministro, obrigouno a dimitir alegando incapacidade para gobernar a causa da súa avanzada idade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Monastir, Tunisia

  • Deceso