bout rimé*
bout rimé*
[LIT]
Na tradición francesa, xogo literario que consistía en compoñer unha serie de versos sobre rimas predeterminadas escollidas ao chou. A invención deste xogo, que tivo un éxito considerable nos salóns preciosistas do século XVII, atribúeselle ao poeta francés Dulot. Durante o s XVIII a moda comezou a decaer aínda que continuou practicándose como xogo de sociedade.