Bouza Trillo, Luís

Bouza Trillo, Luís

Xornalista e escritor. Fundou e dirixiu a revista La Estrella Galaica, onde publicou relatos en galego como “Xan Canitrote”, e poesías en galego e en castelán, moitas veces baixo os pseudónimos Magdalena de Monteblanco ou Gonzalo. Despois dunha estadía en Huelva (1898), regresou a Galicia e dirixiu os semanarios os El Faro de las Rías (1909), La Opinión (1912) e El Pueblo e colaborou en varios xornais (La Integridad, Gaceta de Galicia, Crónica Carrileña, etc). Participou na celebración do Centenario da Guerra da Independencia co poema “Aos héroes da Arousa”. O seu poema “Esperanzas” acadou o premio dos Xogos Florais lugueses (1900) e “Plegaria” foi premiado polo Ateneo de Sevilla (1908). Deixou varios libros inéditos, entre eles un poemario galego-castelán titulado Hojas Secas. A súa novela curta La Torre de Miadelo empezou a publicarse na Crónica Carrileña e os seus relatos Nubes de Otoño, noutros xornais da época.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilagarcía de Arousa

  • Deceso