Bóveda, San Paio de

Bóveda, San Paio de

Fundación monástica situada en Amoeiro. Foi o primeiro mosteiro de monxas cistercienses creado en España no s XII, grazas á iniciativa dos condes don Arias Fernández e a súa dona Gudina Oduariz. A disolución da orde feminina no ano 1471, converteuno nun priorado masculino dependente do mosteiro de San Clodio. Actualmente o edificio é unha vivenda particular, aínda que conserva restos do edificio románico.