Bóveda, Santa Baia de
Conxunto arquitectónico situado na parroquia de Santa María de Castro (Begonte). Trátase dunha construción de planta rectangular con dúas alturas que puideron estar conectadas entre si por algunha escaleira. A planta superior está practicamente destruída pero consérvase o arranque da bóveda de canón que a cubría. A planta inferior está dividida en tres partes: un nártex rectangular, un corpo central con cuberta abovedada e dividido en tres naves separadas por columnas, cunha piscina na central, e unha ábsida rectangular. Consérvanse pinturas nos tramos da bóveda e nos muros das naves. Pénsase que foi un ninfeo romano cristianizado no s IV. No seu contorno hai restos de columnas e cerámicas de cronoloxía diversa. O monumento foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931, e o seu contorno en 1997.