Bovet, Pierre

Bovet, Pierre

Pedagogo e psicólogo suízo. Licenciouse en Filosofía en Laussane e en Letras en Xenebra. Foi o primeiro director do Instituto Jean-Jacques Rousseau de Xenebra (1912-1932), onde desenvolveu os seus proxectos de investigación sociopedagóxica dentro da vangarda da nova escola. Fundou e dirixiu o Bureau International d’Education (1925-1929). Participou, xunto con Adolphe Ferrière e Edouard Claparède, na estruturación, organización e coordinación das escolas novas (denominadas por el escolas activas). Traballou con Jean Piaget e logo exerceu como profesor nas universidades de Basilea e Xenebra. Foi editor de Intermédiaires des éducateurs (Intermediarios dos educadores, 1912-1920) e de L’éducateur (O educador, 1924-1929). Escribiu, ademais, Le génie de Baden-Powell (O xenio de Baden-Powell, 1921), Le sentiment religieux et la psychologie de l’enfant (O sentimento relixioso e a psicoloxía do neno, 1925), L’instinct combatif (O instinto combativo, 1927) e Vingt ans de vie (Vinte anos de vida, 1932), onde explica todo o traballo realizado no Instituto Jean-Jacques Rousseau, polo que tamén pasaron profesores e inspectores de educación de Galicia, durante o primeiro terzo do s XX, ao amparo das bolsas concedidas pola Junta de Ampliación de Estudios.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gramchamp, Neuchâtel

  • Deceso