Boyer Salvador, Miguel
Economista e político. Licenciado en Física (1963) e en Ciencias Económicas (1969). Afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1960. De 1966 a 1971 traballou no Servicio de Estudios do Banco de España. Ocupou diversos postos directivos en empresas e institucións; foi subdirector (1971) e director xeral (1974) de investigacións no Instituto Nacional de Industria (INI), director de planificación estratéxica de Explosivos Río Tinto, S A (1975-1978), economista do Banco de España (1979-1981), director xeral de planificación e estudios no Instituto Nacional de Hidrocarburos, INH (1981-1982) e presidente do Banco Exterior de España (1985-1988). En 1989 foi nomeado conselleiro do Grupo Construciones y Contratas, S A (GRUCYCSA), Fomento de Obras y Construciones, S A (FOCSA), Portland Valdeminas, S A e Corporación Financiera Reunida, S A (COFIR, S A). Dende 1993 é vicepresidente de FOCSA. No eido da política entrou a formar parte do comité executivo do PSOE en 1976. Foi deputado por Jaén (1979-1980) e ministro de Economía e Finanzas entre 1982 e 1985. Publicou: El nuevo monetarismo (1976), La economía de la democracia (1975) e Socialismo es libertad (1976). Foi galardoado coa Gran Cruz de Carlos III.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Saint Jean de Luz