bracear

bracear

(< brazo)

  1. v i

    Mover ou axitar os brazos dun modo continuado e repetitivo coa finalidade de sinalar algo.

    Ex: Por máis que bracearon os superviventes do accidente aéreo, non foron vistos polo helicóptero de rescate.

    Confrontacións: acenar, cabecear, sinalar, xesticular.
  2. v i [MAR]

    Nadar botando os brazos fóra da auga volteándoos no ar cara a adiante.

    Ex: Tes que bracear menos cando nades se non queres zarrapicar os demais.

  3. v i

    Axitar o cabalo as patas dianteiras airosamente ao andar levantándoas de xeito que parece que toca a cincha con elas.

    Ex: Os cabalos da Escola Española de Viena son os que mellor bracean.

Conxugar
VERBO bracear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
braceo
braceas
bracea
braceamos
braceades
bracean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
braceaba
braceabas
braceaba
braceabamos
braceabades
braceaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
braceei
braceaches
braceou
braceamos
braceastes
bracearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
braceara
bracearas
braceara
bracearamos
bracearades
bracearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bracearei
bracearás
braceará
bracearemos
bracearedes
bracearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bracearía
bracearías
bracearía
braceariamos
braceariades
bracearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bracee
bracees
bracee
braceemos
braceedes
braceen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bracease
braceases
bracease
braceasemos
braceasedes
braceasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bracear
braceares
bracear
bracearmos
braceardes
bracearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bracea
-
-
braceade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bracear
braceares
bracear
bracearmos
braceardes
bracearen
Xerundio braceando
Participio braceado
braceada
braceados
braceadas