braceira

braceira

(

s f [INDUM]

Adorno a xeito de aro que se coloca ao redor do brazo, no antebrazo ou no pulso. Os da época prehistórica acostumaban a ser metálicos, de ouro, prata ou bronce. Os conxuntos máis importantes corresponden á Idade do Bronce e á época castrexa. Os da Idade do Bronce pódense clasificar en tres tipos: de sección cilíndrica, con molduras curvas e de sección poligonal, sendo os conxuntos máis salientables os de Agolada, Lamela, A Estrada e Caldas de Reis. Na época castrexa presentan formas de moldura curva ou adoptan forma de torque.

Sinónimos

Confrontacións

pulseira