Brahe, Tycho
Astrónomo sueco. Realizou observacións con aparellos deseñados por el mesmo, cos que conseguiu datos moi exactos sobre o movemento dos astros, tanto de planetas como cometas. Descubriu algúns erros nas táboas astronómicas da época, debidos especialmente á refracción atmosférica, que someteu a estudio. Contou coa protección de Federico II de Dinamarca, e obtivo a concesión da illa de Hven, onde construíu o observatorio de Uranienborg (1576). Neste observatorio montou un gran telescopio ecuatorial con círculo de declinación de 2,9 m de diámetro e outros aparellos que lle permitiron descubrir a desigualdade da oblicuidade da órbita lunar. Fixo un catálogo de mil estrelas, moi preciso. En 1597 abandonou Dinamarca e, despois dunha estadía en Hamburgo, instalouse en Praga, onde, baixo a protección de Rodolfo II e coa axuda de Kepler, elaborou as Táboas rudolfinas. Foi basicamente un observador, non un teórico, partidario dun sistema intermedio entre o de Ptolomeo e Copérnico, segundo o cal os planetas xiran arredor do Sol e este xira arredor da Terra. A grande achega de Brahe foron as súas numerosas observacións, que permitiron a Kepler enunciar as súas leis.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Knudstrup, Escania -
Deceso
Lugar : Praga