brahui
brahui
-
adx
Relativo ou pertencente aos brahuis ou a súa lingua.
-
s
Individuo da confederación de tribos dos brahui.
-
s
[ETN]
Confederación de tribos do Baluchistán central e oriental (uns 275.000 individuos). De características físicas semellantes aos baluchis e aos pathans, son fundamentalmente pastores nómades de cabras, organizados en 23 tribos tributarias do khan brahui de Qalāt. A confederación agrupa tamén minorías doutros pobos indíxenas.
-
s
m
[LING]
Lingua falada polos brahuis. Escríbese con caracteres árabes e pertence á familia dravídica.