Brāhmo-samāj

Brāhmo-samāj
[RELIX]

Movemento relixioso de reforma creado en Calcuta en 1828 por Ram Mohan Roy. Parte da idea de que todas as relixións son iguais esencialmente e aspiran a unha relixión sincretista que recolla os elementos básicos do Hinduísmo, do Islam e do Cristianismo. Os seus membros cren nun deus supremo e persoal, na inmortalidade da alma e defenden a necesidade dun culto público. En 1886 tivo lugar unha ruptura entre os conservadores, que intentaban un regreso ao Hinduísmo, e os progresistas, que continuaron a política de reforma social.

Palabras veciñas

Brahmapur | Brahmaputra | brahmi | Brāhmo-samāj | Brahms, Johannes | brahui | Braid, James