Bran, Pedro de

Bran, Pedro de

Escultor e entallador. Traballou en Santiago de Compostela. Realizou en 1603 un sobrecorpo para o altar da confraría gremial de canteiros e carpinteiros de San Tomé, na capela de don Lope da catedral compostelá. O mesmo ano fixo un retablo para a igrexa parroquial de San Tomé de Ames. Xunto con Xoán de París realizou en 1606 o retablo para a igrexa de San Salvador de Sofán (Carballo), e en 1609 outro para San Cristovo de Xavestre (Ordes). En 1622 realizou o retablo de Santa María de Queixas (Ordes).