Branco, Río
Branco, Río
Río da Amazônia, afluente pola esquerda do Río Negro, no estado de Roraima, no N de Brasil. É de réxime pluvial; na estación das chuvias desbórdase e únese coa conca do río Rupumuni. Está formado por dous ríos: o Uraricuera e o Tacutu, que conflúen antes de Boa Vista, desde onde seguen en dirección N-S. Augas abaixo, antes de chegar a Caracaraí, desde onde é navegable, recibe pola dereita o Macajaí. Desemboca no Río Negro pouco antes de Moura, logo dun percorrido de 750 km.