Branco, Xoán
Branco, Xoán
Notario de Betanzos. Foi un dos líderes máis importantes nas guerras irmandiñas. No ano 1465, como procurador de Betanzos, viaxou a Salamanca para solicitar o permiso real para constituír a Irmandade. En 1468 asinou o documento da xunta irmandiña de Lugo en favor de vasalos e monxes de San Salvador de Pedroso.