braquicefalia
braquicefalia
(< 1 braqui- + gr κεϕαλή ‘cabeza’ + -ia ‘calidade de’)
s
f
[ANTROP]
Calidade do cranio braquicéfalo. Este modelado cranial apenas se detecta nalgúns cranios ata un momento moi avanzado da Prehistoria, polo que determinadas escolas antropolóxicas definiron unhas tendencias na evolución humana cara á braquicefalia como un modelado superior á dolicocefalia.