braquícero -ra
braquícero -ra
(< 1 braqui- + κέρας ‘corno’)
-
adx
Que pertence á suborde dos braquíceros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da suborde dos braquíceros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Suborde de insectos da orde dos dípteros, que se caracterizan por ter, cando son adultos, antenas curtas e grosas, e por emerxer fendendo a superficie dorsal da pupa. As familias máis características son as dos asílidos, bombílidos e tabánidos.