baudio
baudio
(< antropónimo Baudot)
s
m
[INFORM/COMUN]
Unidade de medida que expresa a velocidade coa que se transmite a información nunha rede de datos, medida en bits por segundo (bps). O seu símbolo é Bd. Con certos tipos de comunicacións a velocidade de transmisión dos datos pode ser máis rapida ca a velocidade en baudios. Por exemplo, un modem de 2.400 baudios toma os datos serie de 2.400 baudios (2.400 bps) e codifícaos como un sinal de audio que ten unha velocidade verdadeira de 600 baudios, cerca da velocidade máxima á que pode transmitir impulsos unha liña telefónica. Cada impulso transporta máis dun bit de información. No extremo receptor outro modem transforma o sinal de novo en datos serie de 2.400 baudios.