Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo

Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo

Publicación que apareceu o 1 de xullo de 1941 baixo a dirección de Manuel Vázquez Seijas. Nun principio tivo unha periodicidade irregular, pero dende 1943 o boletín apareceu trimestralmente. Entre os seus fins estaban o estudo de temas artísticos, monumentais e históricos da provincia luguesa, a transcrición de documentos dos arquivos, bibliotecas e museos. A revista publicou traballos de Arqueoloxía, Historia, Arte, Heráldica, Epigrafía, etc. Aparecen fotografías e debuxos que amosan os monumentos dos que se fala nos artigos. Unha posible evolución desta publicación puido ser: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo (1941) e o Boletín do Museo Provincial de Lugo (1983). A fundación do primeiro boletín tivo lugar baixo a presidencia da Comisión de Monumentos Luis L. Martí.