Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra

Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra

Publicación que saíu á luz en Pontevedra no ano 1834. Foi editado polos impresores Manuel María de Vila, Domingo Paimón, Miguel Anciles, Francisco Luis Pinto, a viúva de Pinto, Juan Verrea y Varela, os fillos de Vila, Muñoz Pazos, José e Primitivo Vilas, Pazos y Antúnez, Buceta e Solla y Compañía, entre outros. Editábase bisemanalmente nun principio, e logo a diario, e achegaba información sobre o censo dos partidos xudiciais da provincia, os decretos e leis, e os asuntos que afectasen á comarca de Tui. Presentaba dúas seccións tituladas “Artículos de oficio” e “Avisos”. Tivo como continuador outro boletín editado no ano 1862. Nas follas deste último podíase atopar información sobre todo tipo de temas relacionados coa administración e co goberno da provincia.