Boletín Oficial de Orense
Saíu publicado en Ourense entre os anos 1820 e 1823. Representou o primeiro periódico desta cidade. Existen noticias dun Boletín Oficial de Orense que se publicou por iniciativa de Pedro Boado Sánchez, xefe dos liberais da provincia, coa finalidade de contrarrestar os insurrectos de Ourense, aínda que sen confirmar. Estes boletíns provinciais apareceron para dar cumprimento a unha orde real con data de abril de 1833. Posteriormente, pasaron a depender das Deputacións Provinciais, que son as institucións que se encargaron da súa edición. Dedicábanse, principalmente, á información oficial. O número 1 declaraba que nel se incluirían ordes reais, cédulas, decretos, circulares do goberno, novas importantes, artigos de comercio, agricultura e artes ou editos.