Boletín Oficial de los Colegios Médicos de Orense
Boletín Oficial de los Colegios Médicos de Orense
[PUBLIC]
O primeiro número saíu en Ourense en 1918, deixou de publicarse ao redor de 1939. Redactábase no Colexio de Médicos provincial, órgano que tamén se facía cargo da edición. Foi impresa en La Industrial. Con respecto a colaboracións, contaba con Manuel Peña Rey, Santiago Pérez Vázquez e Ubaldo Alvarez Ruíz. Esta revista profesional, en castelán, era mensual e totalmente gratuíta.