Boletín Oficial del Obispado de Lugo
Boletín Oficial del Obispado de Lugo
Publicación de carácter relixioso editada na cidade de Lugo en 1872, continuadora probablemente do Boletín del Clero del Obispado de Lugo. A súa frecuencia varía co tempo, aínda que entre os anos 1913 e 1915 foi quincenal; xeralmente, era o propio bispo quen autorizaba o número de publicacións. A súa tiraxe só constaba de 80 exemplares. Foi editado, entre outros, pola Imprenta Católica, fundada polo bispo de Lugo José de los Ríos e por G. Castro a principios do século XX. Non tiña prezo e constaba de dezaseis páxinas cunha cuberta.