Boletín Patriótico
Boletín Patriótico
Publicación aparecida na Coruña en 1811, que cesou a finais de 1812. Dirixido por Manuel Pardo de Andrade, foi redactado por Antonio Buch e o propio director. Tiña unha periodicidade irregular. Foi editado nas imprentas de Antonio Rodríguez, onde se compoñía El Exacto, e Juan Chacón. Nel reproducíanse extractos das Cortes, decretos do Consello de Rexencia e noticias e informacións de carácter oficial. Mantivo certos enfrontamentos coa Junta Superior de Galicia, oposta ao centralismo estatal.