brasón
(
-
s
m
[HERÁLD]
-
Conxunto de adornos que leva un escudo como distintivo dunha liñaxe, dunha persoa, dun lugar, etc. A orixe do brasón está na necesidade de diferenciar os escudos de armas dos cabaleiros medievais. O escudo divídese en campos e cuarteis, normalmente rectangulares. As cores máis usadas son o amarelo ou ouro, o vermello ou goles, o azul, o negro ou sable e o verde ou sinople.
Ex: Sobre a porta principal do pazo estaba esculpido o brasón da familia. O pazo loce un brasón de pedra na fachada.
-
Cada figura sinal ou peza que se pon nun escudo de armas.
-
Arte de explicar e describir os escudos de armas de cada liñaxe, cidade ou persoa.
-
-
s
m
Motivo de honra ou gloria.
Ex: Exhibía os seus brasóns cada vez que tiña ocasión.
-
s
m
[LIT]
Xénero poético que describe unha realidade, animada ou inanimada, louvándoa ou degradándoa. Distínguense dous tipos: o descritivo exclusivamente e o que introduce elementos satíricos. Na literatura galega o libro Trópico de lúas (1992), de Miguel Anxo Fernán-Vello, describe o corpo da muller con elementos propios do brasón.