brasón

brasón

(

  1. s m [HERÁLD]
    1. Conxunto de adornos que leva un escudo como distintivo dunha liñaxe, dunha persoa, dun lugar, etc. A orixe do brasón está na necesidade de diferenciar os escudos de armas dos cabaleiros medievais. O escudo divídese en campos e cuarteis, normalmente rectangulares. As cores máis usadas son o amarelo ou ouro, o vermello ou goles, o azul, o negro ou sable e o verde ou sinople.

      Ex: Sobre a porta principal do pazo estaba esculpido o brasón da familia. O pazo loce un brasón de pedra na fachada.

    2. Cada figura sinal ou peza que se pon nun escudo de armas.

    3. Arte de explicar e describir os escudos de armas de cada liñaxe, cidade ou persoa.

  2. s m

    Motivo de honra ou gloria.

    Ex: Exhibía os seus brasóns cada vez que tiña ocasión.

  3. s m [LIT]

    Xénero poético que describe unha realidade, animada ou inanimada, louvándoa ou degradándoa. Distínguense dous tipos: o descritivo exclusivamente e o que introduce elementos satíricos. Na literatura galega o libro Trópico de lúas (1992), de Miguel Anxo Fernán-Vello, describe o corpo da muller con elementos propios do brasón.

Palabras veciñas

brasiliano -na | brasilina | Brasillach, Robert | brasón | brasonar | brasonista | Braşov