Brates, San Pedro de
Brates, San Pedro de
Cenobio que posiblemente estivo situado na actual parroquia de San Pedro de Brates (Boimorto). Sábese da súa existencia a partir da noticia referida nun documento, datado arredor do ano 995, no que aparece incluído na parte final dos asinantes Arxesindo, prepósito de Brates, entre os nomes dos abades dos mosteiros de Sobrado, San Martiño Pinario e Antealtares.