Brath

Brath
[MÚS]

Grupo fundado en 1980 en Lugo por Eloi Caldeiro, Xan Carballal, Lito Botana e Xosé Antón García, aos que se unirían máis tarde Pedro Prosper, Suso Álvarez e Fausto R. Minuelo. Comezou como un proxecto para mesturar a música galega e celta con ritmos e músicas actuais (rock, pop, jazz, bossa nova, etc), empregando instrumentos tradicionais como o violín, a gaita, a zanfona e o acordeón xunto á batería ou guitarras eléctricas. Realizaron actuacións por toda Galicia, en moitas cidades de España e en diversos países como Francia, Italia, Alemaña, Brasil ou Arxentina, e compartiron escenario con artistas de recoñecido prestixio como Alan Stivel, The Chieftains ou Gwendal. Na súa discografía destacan: Kalaikia (1983), Viaxe alén de Fisterra (1986), Lembranza da Auga (1988), Neboa Infinda (1993) e 5inco (2000).