Braun, Wernher Magnus Maximillian von

Braun, Wernher Magnus Maximillian von

Enxeñeiro alemán. Foi unha das figuras máis destacadas da segunda xeración de vangardistas da astronáutica. Graduado en 1932 en enxeñería no Instituto de Tecnoloxía de Berlín, especializouse na tecnoloxía dos foguetes e estudiou os motores foguete de propulsión líquida. Foi nomeado xefe da estación experimental de Kummersdorf polo goberno nazi. Dende 1937 ata 1945 foi director técnico do centro experimental de foguetes de Peenemünde (Mar Báltico), de onde xurdiu a V-2 (1944), primeiro foguete balístico de longo alcance. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi traballar aos EE UU. A partir de 1950 creou en Huntsville (Alabama) os foguetes Redstone, Jupiter-C, Jupiter, Juno e Pershing. En 1955 converteuse en cidadán dos EE UU. En 1958 puxo en órbita o Explorer I, mediante un foguete Jupiter-C. Desenvolveu os foguetes da serie Saturn, xa na NASA, onde foi director adxunto no período 1970-1972.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wyrzyks, Posnania

  • Deceso

    Lugar : Alexandría, Virxinia