braunita
braunita
s
f
[MINERAL]
Óxido de manganeso e silicio, de fórmula (Mn,Si)2O3. Cristaliza no sistema tetragonal, en formas octaédricas pequenas. É negro ou marrón escuro. Atópase nas rochas metamórficas e explótase para obter manganeso. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 4,8.