Bregenz
Bregenz
Capital do land de Vorarlberg, situada á beira do lago de Constança (26.162 h [1998]). As súas temperaturas favorecen o turismo estival e a práctica de deportes invernais. A industria metalúrxica, eléctrica, química e alimentaria son a base da súa economía. Poboada polos celtas e despois polos romanos, a antiga vila fortificada (Oberstadt) denominouse Brigantium; ao seu pé, agrupouse a cidade baixa (Unterstadt), que é o centro comercial da poboación. Na Idade Media pertenceu aos condes de Bregenz e aos de Monfort, que lla cederon aos Habsburgo no ano 1451. Entre 1805 e 1814 formou parte de Baviera.