Breuil, Henri

Breuil, Henri

Sacerdote e prehistoriador. Especializouse no Paleolítico, revisando a división do período que estaba en vigor: substituíu a sucesión Chelense-Acheulense-Musteriense por unha máis diversificada na que se integraban momentos de carácter máis rexional (Clactoniense, Micoquense, etc) e introduciu o termo Abbevillense para se referir ao momento anterior ao Acheulense. Traballou en numerosos xacementos europeos e africanos, e tamén no litoral portugués e galaico, onde identificou o Camposanquense e o Ancorense, deixando unha profunda pegada na tradición científica galega. Así mesmo, salientou como estudoso da arte paleolítica, eido sobre o que publicou As pinturas rupestres esquemáticas da Península Ibérica (1933) e Catrocentos séculos de arte parietal (1952), entre outros libros.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mortain, Normandía

  • Deceso

    Lugar : París