breve
(< lat breve)
-
adx
De curta extensión ou duración.
Ex: A súa estancia na cidade foi moi breve.
-
adx
Que se expresa con palabras precisas.
-
s
m
[HIST/RELIX]
Documento pontificio, tamén chamado breve pontificio, menos solemne ca a bula, xa que carece de preámbulos, e cunha redacción que se centra na exposición concreta da resolución adoptada. Mentres que a bula trata a materia de fe ou de interese xeral, o breve trata asuntos políticos ou administrativos, nomeamentos, concesións ou licencias de carácter individual. Esta clase de documento recibe este nome dende o s XV, se ben xa se empregaba con anterioridade. Redactado en latín e con caracteres latinos, estendíase sobre un pergamiño sinxelo e orixinariamente portaba o selo de lacre coa pegada do anel do Pescador (sub anullo Piscatoris), que foi substituído a partir de 1842 por un selo de tinta vermella.
Confrontacións: dispensa. -
adx
sing
[LING]
ocal ou sílaba breve, que por oposición á longa, ten menor duración. Nas linguas como o sánscrito, grego e latín, a cantidade vocálica tiña valor fonolóxico, por exemplo VĔNIT (3ª pers
-
s
f
[MÚS]
Na primeira notación mensurada, nota musical, de forma cadrada e sen pao, que ten un valor equivalente á metade dunha longa e ao dobre dunha semibreve. Apareceu por primeira vez nos códices de principios do s XIII. Ata o s XV o seu valor puido equivaler á metade ou á terceira parte dunha longa. Na evolución posterior da notación recibiu o nome de cadrada.
Frases feitas
-
En breve loc adv De aquí a pouco tempo.
-
Ser breve. Expresarse con poucas palabras.