Brienz

Brienz

Lago de Suíza, no cantón de Berna. Anega unha superficie de 30 km2. Na súa orixe estaba unido co de Thun, pero depósitos sedimentarios dividíronos, o que formou unha chaira onde se ergueu a vila de Interlaken. Na súa beira dereita atópase a localidade de Brienz, centro turístico vinculado ás actividades deportivas de montaña.