Bright, Richard
Bright, Richard
Médico inglés. Graduado en Edimburgo (1813), exerceu no Guy’s Hospital de Londres (1824). Os seus estudios sobre a patoloxía dos riles son clásicos; difundiu o estudo clínico dos ouriños e a descrición da nefrite crónica, tamén coñecida como enfermidade de Bright. A súa obra máis destacada é Reports of Medical Cases Selected (Reportaxes de casos médicos seleccionados, 1827-1831), básica para o desenvolvemento do método anatómico-clínico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bristol -
Deceso
Lugar : Londres