Brigos, San Salvador de

Brigos, San Salvador de

Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica de finais do s XII, conta cunha nave e capela rectangulares, ambas con cuberta de madeira. O arco triunfal é de medio punto, sostido por semicolumnas con capiteis vexetais. A reconstruída portada occidental está formada por un arco semicircular apoiado sobre columnas que teñen capiteis figurados: nun deles aparecen dous grifóns afrontados e no outro, un home sentado que apoia as mans nos xeonllos, acompañado por un cuadrúpede. Os canzorros presentan personaxes sedentes e cabezas de animais. No interior do templo consérvase unha pía bautismal antiga adornada con estrías oblicuas.